A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso pasado e convocou a
todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos.
Nesta edición escolléronse palabras relacionadas coa nosa contorna, o
concello estradense, e foron: souto, para as creacións poéticas e
estrada para os relatos. Estas verbas foron escollidas por votación
entre todos os centros no transcurso do 1º trimestre.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio ou
primeiros de xuño, terá lugar a entrega de premios e a presentación do
libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa
colaboración do Concello da Estrada.
A actividade está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros educativos estradenses arriba citados.
Imaxe das deliberacións do xurado
EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA