os nosos centros

sábado, 3 de xuño de 2017

Preséntase a IV edición da Festa das Palabras na Estrada


O pasado martes, 30 de maio,  presentouse no Concello da Estrada a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e a Concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor Antonio García Teijeiro. A parte musical da festa correrá a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"


A data de celebración do evento será o próximo martes 6 de xuño, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares  debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

Aí queda a imaxe das/os profes e da concelleira posando co libro e demais material editado.



Estades todos e todas convidados á IV Festa das Palabras.


Na prensa:

La Voz de Galicia


Faro de Vigo



El Correo Gallego