Está
en marcha a quinta edición do Concurso de microrelatos e micropoemas
organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos
Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: FAIADO, para os microrrelatos, e MAR para os micropoemas, en homenaxe aos
títulos da autor escollida para o 2018 para as Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Comezamos o curso 2017-18 recordando a IV Festa das Palabras, que tivo lugar o pasado 6 de xuño de 2017. A Festa das Palabras é o remate ao proxecto anual que levan a cabo todos
os centros de ensino da Estrada. Entrega de premios do Concurso de
Micropoemas e microrrelatos. Intervención do padriño da festa, nesta
cuarta edición, Antonio García Teijeiro e intervención musical a cargo
do Coro IES Antón Losada Diéguez. A Festa esta organizada polos Equipos
de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da Estrada,
DINAMIZAESTRADA. Os centros participantes son: CEIP Villar Paramá, CEIP
Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes,
CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES
Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez. Aí queda o video completo da Festa:
Podes ver as mellores imaxes da Festa picando na imaxe
O pasado martes, 30 de maio, presentouse no Concello da Estrada a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e a Concelleira de Educación, Amalia Goldar.
Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.
Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor Antonio García Teijeiro. A parte musical da festa correrá a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"
A data de celebración do evento será o próximo martes 6 de xuño, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.
Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Aí queda a imaxe das/os profes e da concelleira posando co libro e demais material editado.
Estades todos e todas convidados á IV Festa das Palabras.
Publicamos a actas xurado do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes, 7 de marzo, no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.
Imaxe do xurado no CEIP Pérez Viondi.
O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra VERÁN, e os micropoemas a palabra VENTO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada. A continuación deixamos a acta do xurado, que podes consultar, descargar, imprimir...
Un ano máis, o Concello da Estrada promoveu a realización dun acto poético e musical para celebrar o Día de Rosalía. Foi o pasado 23 de febreiro no Museu da Madeira e do Moble da Estrada e nel participamos todos os centros educativos da Estrada, coa lectura de cadanseu poema da nosa escritora. O acto tamén tivo unha parte musical que foi achegada polo alumnado do IES Chano Piñeiro do concello veciño de Forcarei.Para rematar proxectouse o vídeo realizado polo Concello da Estrada onde aparece alumnado dos nosos centros e tamén o realizado polo IES Antón Losada Diéguez para a iniciativa #Rosalíate. Podes velos máis abaixo.
Está en marcha a cuarta edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: VERÁN, para os relatos, e VENTO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido neste 2017 para as Letras Galegas, Carlos Casares. Aí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
O pasado 26 de maio, un abarrotado Teatro Principal da Estrada acolleu a III Edición da Festa das Palabras na que se entregaban os premios do Concurso de microrrelatos e micropoemas organizados polos EDL dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA. A presentación correu a cargo do alumnado do IES nº Un, e a banda sonora correspondeulle ao grupo Nai, que fixeron as delicias dos asistentes. Foi tamén moi aplaudido o padriño desta nova xeración de xoves creadores, o mestre e escritor David Otero, que non se cansou de asinar libros... Aí quedan as mellores imaxes da xornada, realizadas por Jano Sanmartín. Parabéns a todos. Para ver todas as fotos pincha aquí: Fotos 3ª Festa das Palabras.
Fin de festa con todos os premiados e premiadas no escenario