Fíxose pública a acta do xurado do VI Concurso
de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A
reunión do mesmo tivo lugar no
CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de
Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar
Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra.
de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa,
IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada
Diéguez.
O xurado do certame reunido no CEIP Pérez Viondi
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
LENDA, e os micropoemas a palabra SERÁN. O proceso de elección tivo
lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o
alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de
todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos
títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras
Galegas, Antón Fraguas.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a pincipios de xuño, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis,
coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de Educación
Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos
textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:
A NOTICIA NA PRENSA
Voz de Galicia
Faro de Vigo