Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.
DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun
NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares no que tiveron cabida os
vídeos creados polos propios alumnos e ao que se deu forma final cunha
gravación no Teatro Principal estradense, e posterior edición e montaxe a cargo de Lucas Terceiro. Achegamos un par de imaxes destas gravacións:
Os Equipos de dinamización estradenses sumáronse á iniciativa dende o primeiro momento e despois de meses de traballo están a ser presentados os resultados desta iniciativa.
Xa foron emitidos os espazos correspondentes ao IES García Barros e ao CEIP Plurilingüe de Oca. Nas seguintes datas iranse estreando as producións do resto dos centros: 25, 27 e 30 de maio e 1, 3, 6, 8 e 10 de xuño.
Todos eles poden e poderán verse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3Ltl6Bu
A actividade tivo unha excelente acollida na prensa escrita: