os nosos centros

luns, 13 de marzo de 2023

ACTA DO XURADO DO CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS. DINAMIZAESTRADA 2023

Faise pública a acta do xurado do X Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. 

A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. 

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra CAMIÑO, e os micropoemas a palabra ESPELLO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 

A ACTA PODE CONSULTARSE E DESCARGARSE AQUÍ:

 A nova foi recollida nás páxinas dos xornais:

Faro de Vigo


La Voz de Galicia