os nosos centros

domingo, 10 de xuño de 2018

Así foi a V Festa das Palabras. DINAMIZAESTRADA

O teatro principal quedouse pequeno para acoller unha nova edición da Festa das Palabras da Estrada. O pasado 23 de maio unha morea de rapaces, rapazas, profes, familias e público en xeral aplaudiron a cada un e unha das premiadas no concurso desta edición. Foron recibidos cun cartón conmemorativo que levaron para as súas casas.

A festa foi presentada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Despois de recibir aos asistentes, deron paso a unha fermosa intervención da madriña desta edición, a escritora e actriz Paula Carballeira. Premios para 61 rapaces e rapazas que levaron orgullosos o seu libro e un caravel branco. E todo isto envolto coa mellor música de Plan Siberia. Podes gozar da festa completa neste vídeo:





As fotos do evento realizadas por Jano Sanmartín (Moitas grazas!) podes velas picando na imaxe:

https://photos.app.goo.gl/EjeEkz1KTxGPZJ9E9

Tamén podes ver as que fixo Kike Vázque (Graciñas!), picando nestoutra foto:

https://photos.app.goo.gl/BTGwHQ3mnkJudkKJ8


Ningún comentario:

Publicar un comentario