Está
en marcha a SEXTA edición do Concurso de microrelatos e micropoemas
organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos
Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: LENDA, para os microrrelatos, e SERÁN para os micropoemas, en homenaxe
aos
títulos do autor escollido para o 2019 para as Letras Galegas, Antón Fraguas.
Aí tés as bases do certame.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!
os nosos centros
▼
sábado, 8 de decembro de 2018
domingo, 10 de xuño de 2018
Así foi a V Festa das Palabras. DINAMIZAESTRADA
O teatro principal quedouse pequeno para acoller unha nova edición da Festa das Palabras da Estrada. O pasado 23 de maio unha morea de rapaces, rapazas, profes, familias e público en xeral aplaudiron a cada un e unha das premiadas no concurso desta edición. Foron recibidos cun cartón conmemorativo que levaron para as súas casas.
A festa foi presentada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Despois de recibir aos asistentes, deron paso a unha fermosa intervención da madriña desta edición, a escritora e actriz Paula Carballeira. Premios para 61 rapaces e rapazas que levaron orgullosos o seu libro e un caravel branco. E todo isto envolto coa mellor música de Plan Siberia. Podes gozar da festa completa neste vídeo:
A festa foi presentada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Despois de recibir aos asistentes, deron paso a unha fermosa intervención da madriña desta edición, a escritora e actriz Paula Carballeira. Premios para 61 rapaces e rapazas que levaron orgullosos o seu libro e un caravel branco. E todo isto envolto coa mellor música de Plan Siberia. Podes gozar da festa completa neste vídeo:
luns, 21 de maio de 2018
Chega a V Festa das Palabras de Dinamizaestrada
O pasado martes, 15 de maio, presentouse no Concello da Estrada a quinta edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.
Deuse a coñecer tamén a madriña desta nova edición, que neste caso será escritora e actriz Paula Carballeira. A parte musical da festa correrá a cargo do grupo estradense Plan Siberia, que actuou recentemente no noso centro. A data de celebración do evento será o próximo mércores 23 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 61 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de María Victoria Moreno debían incluír as palabras MAR e FAIADO, respectivamente.
Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Aí queda unha imaxe da presentación no Concello.
A noticia na prensa.
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
El Correo Gallego
domingo, 1 de abril de 2018
Acta do xurado do V Concurso Literario Dinamizaestrada
Fíxose pública a acta do xurado
do V Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da
Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez
Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de
Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar
Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra.
de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa,
IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca
a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
FAIADO,
e os micropoemas a palabra MAR. O proceso de elección tivo lugar no
primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o
profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros.
As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da
autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria
Moreno.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do
Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de
Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do
libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:
A nova foi recollida pola prensa:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
luns, 12 de marzo de 2018
Día de Rosalía 2018 no Mome da Estrada.
O pasado 27 de febreiro celebrouse, un ano máis, o Día de Rosalía no Museo da Madeira e o Moble da Estrada, cun recitado de poemas da nosa autora a cargo de alumnado dos centros educativos do concello estradense. No acto tamén se presentou o vídeo promovido polo Concello da Estrada no que se recitan os versos de Adiós ríos, adiós fontes en moitas linguas e lugares diferentes.
Aí quedan as imaxes.
Aí quedan as imaxes.
Xosé Lueiro, condutor do envento
Martín, Mariña, Iker, Noa, Cloe, Yaiza e Lucía.
CEIP O Foxo
Noa e Nerea. CEIP Figeiroa
Tania e Mencía. IES Nº 1
Fátima e Roberto: CEIP Cabada Vázquez
Sara, Natalia e Cristian. CEIP Pérez Viondi
María, Sofía e Claudia.
Colexio Nosa Señora de Lourdes
Colexio Nosa Señora de Lourdes
Eduardo e María. IES Antón Losada Diéguez
Roi e Manuel. IES Manuel García Barros
Vídeo Adios ríos, adios fontes plurilingüe. Concello da Estrada.
Roi e Manuel. IES Manuel García Barros
Vídeo Adios ríos, adios fontes plurilingüe. Concello da Estrada.
Tamén podes ver o vídeo da iniciativa #abrimosafiestra levada a cabo polos IES Manuel García Barros, IES Nº 1 e IES Antón Losada Diéguez o pasado 26 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía
martes, 20 de febreiro de 2018
O V Concurso de microrrelatos e micropoemas na prensa.
Aí quedan as imaxes da prensa escrita de hoxe na que se da conta do Concurso Literario organizado por DINAMIZAESTRADA, Coordinadora de EDL dos centros educativos da Estrada. Recordade que o prazo remata o próximo 2 de marzo.
Enlace á nova en internet: Concurso Dinamizaestrada 2018
Faro de Vigo
Enlace á nova en internet: Concurso Dinamizaestrada 2018
La Voz de Galicia
Enlace á nova en internet: Concurso Dinamizaestrada 2018