Imaxe dos compoñentes do xurado
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
AMIGO, e os micropoemas a palabra CABELO. O proceso de elección tivo
lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o
alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de
todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos
títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras
Galegas, Ricardo Carvalho Calero.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis,
coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de Educación
Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos
textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
A ACTA PODE CONSULTARSE E DESCARGARSE AQUÍ:
Ningún comentario:
Publicar un comentario