os nosos centros

mércores, 26 de xuño de 2024

ASÍ FOI A X1 FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2024

O pasado 22 de MAIOtivo lugar a undécimna edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.

Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.

O acto estivo conducido por Lía Vázquez e Mateo Lois, do IES Manuel García Barros e contou co magnífico acompañamento musical do Lucía Azurmendi Grupo

O padriño desta edición, o estradense Carlos Louriero dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas, así como ao público asistente.

En representación do Concello da Estrada, Lucía Seoane, concelleira de cultura. dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.

Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:


Tamén podes gozar co vídeo completo da festa:

 


martes, 21 de maio de 2024

CHEGA A XI FESTA DAS PALABRAS _DINAMIZAESTRADA 2024

Foi presentada unha nova edición, a undécima xa, da Festa das Palabras organizada por DINAMIZAESTRADA que culmina o concurso de micropoemas e microrrelatos no que participa o alumnado de todos os centros educativos da Estrada. Será o próximo mércores 22 de maio ás 8 da tarde no Teatro Principal da Estrada.


A festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA.  No seu nome, Ana Eiriz, coordinadora do EDLG do CEIP Plurilingüe de Oca  achegou os detalles da festa e María Tato, do CEIP Pérez Viondi expuxo os obxectivos da actividade. O acto tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade que chega aos seus primeiros dez anos de vida.
Carlos Loureiro Rodríguez, escritor, investigador e profesor estradense será o padriño desta undécima edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo martes.
Lucía Azurmendi Grupo, porá a nota musical ao evento que será presentado por un alumno e unha alumna do IES Manuel García Barros.
No acto entregaranse os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.

A presentación na prensa:

Faro de Vigo

La Voz de Galicia


luns, 11 de marzo de 2024

ACTA DO XURADO DO XI CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 24

Faise pública a acta do xurado do XI Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. 

A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra MÚSICA, e os micropoemas a palabra SILENCIO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da autoar a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.

Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 

Abaixo podes consultar e descargar a acta do xurado cos gañadores e gañadoras: