os nosos centros

martes, 21 de maio de 2024

CHEGA A XI FESTA DAS PALABRAS _DINAMIZAESTRADA 2024

Foi presentada unha nova edición, a undécima xa, da Festa das Palabras organizada por DINAMIZAESTRADA que culmina o concurso de micropoemas e microrrelatos no que participa o alumnado de todos os centros educativos da Estrada. Será o próximo mércores 22 de maio ás 8 da tarde no Teatro Principal da Estrada.


A festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA.  No seu nome, Ana Eiriz, coordinadora do EDLG do CEIP Plurilingüe de Oca  achegou os detalles da festa e María Tato, do CEIP Pérez Viondi expuxo os obxectivos da actividade. O acto tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade que chega aos seus primeiros dez anos de vida.
Carlos Loureiro Rodríguez, escritor, investigador e profesor estradense será o padriño desta undécima edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo martes.
Lucía Azurmendi Grupo, porá a nota musical ao evento que será presentado por un alumno e unha alumna do IES Manuel García Barros.
No acto entregaranse os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.

A presentación na prensa:

Faro de Vigo

La Voz de Galicia


Ningún comentario:

Publicar un comentario