luns, 27 de febreiro de 2017

Día de Rosalía no MOME da Estrada.

Un ano máis, o Concello da Estrada promoveu a realización dun acto poético e musical para celebrar o Día de Rosalía. Foi o pasado 23 de febreiro no Museu da Madeira e do Moble da Estrada e nel participamos todos os centros educativos da Estrada, coa lectura de cadanseu poema da nosa escritora. O acto tamén tivo unha parte musical que foi achegada polo alumnado do IES Chano Piñeiro do concello veciño de Forcarei.Para rematar proxectouse o vídeo realizado polo Concello da Estrada onde aparece alumnado dos nosos centros e tamén o realizado polo IES Antón Losada Diéguez para a iniciativa #Rosalíate. Podes velos máis abaixo.

Aí quedan as imaxes do acto:

 O público encheu a sala do MOME

 Marcos Grela e Hiba Lajouad. 
CEIP Cabada Vázquez.
 Kenia Souto Ríos. 
CEIP Figeiroa.
 Antía García Casal e Natalia Riveiro Recimil. 
CEIP O Foxo
 Mirian Vigo Tato e Sara Calvo Rey. 
CEIP Pérez Viondi.

Juan P. Sánchez Mouriño e Luisa Sánchez Mouriño. 
CEIP Plurilingüe de Oca

 
María Correa Iglesias e Lucía Rey Duarte.
 CEIP Villar Paramá
 María Mato Requeijo e Diego Rodrigo Pérez. 
CPR N. S. de Lourdes
Laura Porto González e Aroa Ríos Torres. 
IES Antón Losada Diéguez 

 
 Sanna Chefaoui e Laila Haibouri. 
IES Manuel García Barros
Itziar Cibeira Casal e María Blanco Carbia. 
IES Número Un 

Alumnado do IES Chano Piñeiro de Forcarei



Vídeo Concello da Estrada


 Vídeo EDL IES Antón Losada Diéguez

xoves, 9 de febreiro de 2017

IV CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA

Está en marcha a cuarta edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: VERÁN, para os relatos, e VENTO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido neste 2017 para as Letras Galegas, Carlos Casares. Aí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!


As imaxes da 3ª Festa das Palabras no Principal da Estrada

O pasado 26 de maio, un abarrotado Teatro Principal da Estrada acolleu a III Edición da Festa das Palabras na que se entregaban os premios do Concurso de microrrelatos e micropoemas organizados polos EDL dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA.
A presentación correu a cargo do alumnado do IES nº Un, e a banda sonora correspondeulle ao grupo Nai, que fixeron as delicias dos asistentes.
Foi tamén moi aplaudido o padriño desta nova xeración de xoves creadores, o mestre e escritor David Otero, que non se cansou de asinar libros... 
Aí quedan as mellores imaxes da xornada, realizadas por Jano Sanmartín. Parabéns a todos. Para ver todas as fotos pincha aquí: Fotos 3ª Festa das Palabras.



Fin de festa con todos os premiados e premiadas no escenario