sábado, 30 de maio de 2026

ASÍ FOI A XIII FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA


O pasado 27 de maio tivo lugar a décimo terceira edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.

Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.

O acto estivo conducido por  Nora Diéguez e Artai Fernández do IES Avelina Valladares  e contou co magnífico acompañamento musical Gloria Pavía e Rafa Morales

O padriño desta edición,  Xosé Lueiro Lemos dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas e público asistente que encheu o Teatro Principal.

En representación do Concello da Estrada,Amalia Goldar, concelleira de educación. dirixiu aos presentes e premiados/as  unhas palabras de loubanza do seu traballo.

O colectivo DINAMIZAESTRADA aproveitou para homenaxear a unha das súas fundadoras, a profe do CEIP Pérez Viondi, María Tato Carbajales. 

Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:


 E o vídeo completo da XIII Festa das Palabras 2026 DINAMIZAESTRADA:

luns, 25 de maio de 2026

PRESENTACIÓN DA XIII FESTA DAS PALABRAS. DINAMIZAESTRADA


A festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA.  No seu nome, María López, coordinadora do EDLG do IES Manuel García Barros e Xabier Camba, profesor do IES  Plurilingüe Antón Losada Diéguez achegaron os obxectivos  e os detalles da festa. O acto tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade e destacou a colaboración institucional.

O escritor e dinamizador cultural Xosé Lueiro será o padriño desta décimo terceira edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo mércores.
A parte musical estará a cargo da compositora e cantante compostelá, Gloria Pavía.
 
No acto, que será conducido por alumnado do IES Avelina Valladares, entregaranse os premios aos 60 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. 
O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
 

 

venres, 10 de abril de 2026

FALLO DO XURADO DO XIII CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 2026


Faise pública a acta do xurado do XIII Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. 

A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Avelina Valladares, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra AZUL, e os micropoemas a palabra NOITE. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras citadas foron escollidas polo conxunto dos centros educativos da Estrada, e tiñan que ver cos títulos das obras escritas por Begoña Caamaño a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.
 
Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 
 
Abaixo podes consultar e descargar a acta do xurado cos gañadores e gañadoras:
 
 

Acta Xurado Dinamizaestrada 2026 by elogolosada 

 

Noticia no Faro de Vigo

Noticia na Voz de Galicia 

mércores, 18 de xuño de 2025

CRÓNICA DA XII FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 25

 

O pasado 28 de maio tivo lugar a duodécima edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.

Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.

O acto estivo conducido por Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos e contou co magnífico acompañamento musical da agrupación de música tradicional O Regueiriño de Lamas

A madriña desta edición, a estradense Susana Sanches Arins dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas, e mesmo leu un poema arredor da temática deste anos das letras galegas.

En representación do Concello da Estrada,Amalia Goldar, concelleira de educación. dirixiu aos presentes e premiados/as  unhas palabras de loubanza do seu traballo.

Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:

 

 

sábado, 24 de maio de 2025

ASÍ SERÁ A XII FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2025


A festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA.  No seu nome, Mónica Mato, coordinadora do EDLG do IES Avelina Valladares e María López, coordinadora do EDLG do IES  Manuel García Barros achegaron os obxectivos  e os detalles da festa. O acto tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade.

A escritora e profesora Susana Sanches Arins será a madriña desta duodécima edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo mércores.
A parte musical estará a cargo do grupo de música tradicional e popular O REGUEIRIÑO DE LAMAS.
 
No acto entregaranse os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
 

 A nova da presentación foi recollida amplamente pola prensa:
 
 

mércores, 12 de marzo de 2025

ACTA DO XURADO DO XII CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 2025

Faise pública a acta do xurado do XII Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. 

A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Avelina Valladares, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra PANDEIRETA, e os micropoemas a palabra POBO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras citadas foron escollidas polo conxunto dos centros educativos da Estrada, as cantareiras e á musica e cancións de tradición popular, a quen se dedican as Letras galegas 2025.

Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.
 
Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 
 
Abaixo podes consultar e descargar a acta do xurado cos gañadores e gañadoras:


martes, 14 de xaneiro de 2025

BASES DO XII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS 2024-2025

Un ano máis  poñemos en marcha o Concurso de microrelatos e micropoemas organizado por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 11 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.

Este ano as palabras escollidas foron: PANDEIRETA, para os microrrelatos, e POBO para os micropoemas, en homenaxe as cantareiras e á musica e cancións de tradición popular, a quen se dedican as Letras galegas 2025.

Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!

mércores, 26 de xuño de 2024

ASÍ FOI A X1 FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2024

O pasado 22 de MAIOtivo lugar a undécimna edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.

Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.

O acto estivo conducido por Lía Vázquez e Mateo Lois, do IES Manuel García Barros e contou co magnífico acompañamento musical do Lucía Azurmendi Grupo

O padriño desta edición, o estradense Carlos Louriero dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas, así como ao público asistente.

En representación do Concello da Estrada, Lucía Seoane, concelleira de cultura. dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.

Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:


Tamén podes gozar co vídeo completo da festa: