A
festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que
participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados
no colectivo DINAMIZAESTRADA. No seu nome, Ana Eiriz, coordinadora
do EDLG do CEIP Plurilingüe de Oca achegou os detalles da festa e María Tato, do CEIP Pérez Viondi expuxo os obxectivos da actividade. O
acto
tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou
o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta
actividade que chega aos seus primeiros dez anos de vida.
Carlos Loureiro Rodríguez, escritor, investigador e profesor estradense será o padriño
desta undécima edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e
público asistente o próximo martes.
Lucía Azurmendi Grupo, porá a nota musical ao evento que será
presentado por un alumno e unha alumna do IES Manuel García Barros.
No acto entregaranse os
premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías,
que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos
traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi
realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
A presentación na prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario