A
festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que
participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados
no colectivo DINAMIZAESTRADA. No seu nome, Mónica Mato, coordinadora
do EDLG do IES Avelina Valladares e María López, coordinadora
do EDLG do IES Manuel García Barros achegaron os obxectivos e os detalles da festa. O
acto
tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou
o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta
actividade.
A escritora e profesora Susana Sanches Arins será a madriña desta duodécima edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e
público asistente o próximo mércores.
A parte musical estará a cargo do grupo de música tradicional e popular O REGUEIRIÑO DE LAMAS.
No acto entregaranse os
premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías,
que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos
traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi
realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.