luns, 25 de maio de 2026

PRESENTACIÓN DA XIII FESTA DAS PALABRAS. DINAMIZAESTRADA


A festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA.  No seu nome, María López, coordinadora do EDLG do IES Manuel García Barros e Xabier Camba, profesor do IES  Plurilingüe Antón Losada Diéguez achegaron os obxectivos  e os detalles da festa. O acto tivo como anfitrioa á concelleira de educación, Amalia Goldar, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade e destacou a colaboración institucional.

O escritor e dinamizador cultural Xosé Lueiro será o padriño desta décimo terceira edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo mércores.
A parte musical estará a cargo da compositora e cantante compostelá, Gloria Pavía.
 
No acto, que será conducido por alumnado do IES Avelina Valladares, entregaranse os premios aos 60 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. 
O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario