martes, 24 de marzo de 2015

Premios do II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos da Estrada.

Aquí queda a acta do xurado desta segunda edición do certame:



 A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso pasado e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta edición escolléronse palabras relacionadas coa nosa contorna, o concello estradense, e foron: souto, para as creacións poéticas e estrada para os relatos. Estas verbas foron escollidas por votación entre todos os centros no transcurso do 1º trimestre.


Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio ou primeiros de xuño, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.


A actividade está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros educativos estradenses arriba citados.
Imaxe das deliberacións do xurado



 EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA

Ningún comentario:

Publicar un comentario