A presentación na prensa:
sábado, 3 de xuño de 2023
PRESÉNTASE A X EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA
luns, 13 de marzo de 2023
ACTA DO XURADO DO CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS. DINAMIZAESTRADA 2023
Faise pública a acta do xurado do X Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada.
A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra CAMIÑO, e os micropoemas a palabra ESPELLO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.
A nova foi recollida nás páxinas dos xornais:
luns, 14 de novembro de 2022
BASES DO X CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS. DINAMIZAESTRADA 2022-2023
Un ano máis poñemos en marcha o Concurso de microrelatos e micropoemas organizado por
DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros
Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 10 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.
Este ano as palabras escollidas foron: CAMIÑO, para os microrrelatos, e ESPELLO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2023, Francisco Fernández del Riego.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
xoves, 2 de xuño de 2022
ASÍ FOI A IX FESTA DAS PALABRAS
O pasado 25 de maio tivo lugar a novena edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense, despois de dúas edicións limitadas pola pandemia.
Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.
O acto estivo conducido por Cristian Rivadabia e Inés López, do IES Losada Diéguez e contou co magnífico acompañamento musical do grupo cuntiense FAVORITA.
En representación do Concello da Estrada, Amalia Goldar, concelleira de Educación dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.
Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:
luns, 23 de maio de 2022
DINAMIZAESTRADA PARTICIPA ACTIVAMENTE NO PROXECTO DINAMIZATV
Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.
DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun
NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares no que tiveron cabida os
vídeos creados polos propios alumnos e ao que se deu forma final cunha
gravación no Teatro Principal estradense, e posterior edición e montaxe a cargo de Lucas Terceiro. Achegamos un par de imaxes destas gravacións:
Os Equipos de dinamización estradenses sumáronse á iniciativa dende o primeiro momento e despois de meses de traballo están a ser presentados os resultados desta iniciativa.
Xa foron emitidos os espazos correspondentes ao IES García Barros e ao CEIP Plurilingüe de Oca. Nas seguintes datas iranse estreando as producións do resto dos centros: 25, 27 e 30 de maio e 1, 3, 6, 8 e 10 de xuño.
Todos eles poden e poderán verse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3Ltl6Bu
A actividade tivo unha excelente acollida na prensa escrita:
sábado, 21 de maio de 2022
PRESÉNTASE A NOVENA EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS
Rosalía Morlán, escritora santiaguesa será a madriña desta novena edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo mércores.
O grupo de música pop contemporánea, Favorita, porá a nota musical ao evento que será presentado por Cristian Rivadabia Iglesias e Inés López Pose, alumnos/as do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
No acto entregaranse os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
A presentación na prensa:
luns, 6 de decembro de 2021
Bases do IX concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2021-2022
Un ano máis, e outro ano especial máis, non decaemos. Está en marcha a novena edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por
DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros
Educativos da Estrada.
Este
ano as palabras escollidas foron: LOITA, para os microrrelatos, e
INFINDA para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2021, Florecio Delgado Gurriarán
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
VIII Festa das Palabras. Dinamizaestrada. Entrega de premios.
Recordamos a entrega de premios da oitava edición da festa das palabras que tivo lugar o pasado 1 de xuño.Tivo lugar nun Teatro Principal da Estrada sen público pero no que todos os centros estiveron presentes.
No acto, o profesor coordinador EDLG do CEIP Cabada Vázquez, Toño Barros, fixo unha fermosa presentación na que agradeceu a todos e a todas os que fixeron posible este ano tan difícil a realización desta actividade por sétimo ano consecutivo e na que foi repasando a xeografía estradense ao convocar aos diferentes representantes dos centros educativosque recibiron un libro e un diploma en nome de todos e todas as premiadas.
O padriño desta edición foi o profesor e escritor estradense, Xosé Luna, que subiu ao escenario para facer un eloxio das nosas letras e da nosa lingua.
O concelleiro de cultura, Juan Constenla, fixo o peche do acto cun breve discurso no que gabou o esforzo e a calidade dos traballos premiados.
Para rematar, todos os participantes fixeron unha foto de familia enriba do escenario.
A pesar da pandemia, celebramos con emoción e intensidade unha edición máis da Festa das palabras.
Posdes ver as mellores imaxes do acto picando na seguinte foto (autor: Kike Vázquez):
venres, 22 de xaneiro de 2021
Bases do VIII Concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2020-2021
Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollidoapara as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
mércores, 6 de xaneiro de 2021
VII Festa das palabras. Así foi, unha celebración especial.
Este ano, tal como estaba previsto a Festa das Palabras foi diferente e especial.
Tivo lugar o pasado 15 de decembro nun Teatro Principal da Estrada sen público pero no que todos os centros estiveron presentes.
No acto, a profesora coordinadora do EDLG do CEIP Pérez Viondi fixo unha emotiva presentación na que agradeceu a todos e a todas os que fixeron posible este ano tan difícil a realización desta actividade por sétimo ano consecutivo.
A seguir foron subindo ao escenario as diferentes representacións de todos os centros educativos estradentes que recibiron un libro e un diploma en nome de todos e todas as premiadas. A concelleira de Educación, Amalia Goldar, fixo o peche do acto cun breve discurso no que gabou o esforzo e a calidade dos traballos premiados.
Para rematar, todos os participantes fixeron unha foto de familia enriba do escenario.
A pesar da pandemia, celebramos con emoción e intensidade unha edición máis da Festa das palabras.
Posdes ver as mellores imaxes do acto picando na seguinte foto (autor: Kike Vázquez):
O video da VII festa das palabras:
A Festa das palabras na prensa:



.jpg)
.jpg)







.jpg)










