venres, 29 de xaneiro de 2016

Homenaxe a Balbino no Teatro Principal da Estrada

Hoxe venres, a partir das 7 da tarde, terá lugar a lectura colectiva e ininterrompida de Memorias dun neno labrego, a obra máis recoñecida do escritor Xosé Neira Vilas, falecido recentemente. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes coa colaboración dos Centros Educativos da Comarca.


Parte do alumnado e profesorado do CEIP Pérez Viondi tamén participou na lectura do capítulo "O Rebusque". Aquí van algunhas fotos:



xoves, 28 de xaneiro de 2016

Maimiño no Teatro Principal da Estrada

As iniciativas de dinamizaestrada comezan a visibilizarse na prensa diaria. A seguir recóllense a actividade organizada polos Colexios de Primaria, que consistiu na proxección do filme Maimiño no Teatro Principal da Estrada, para o que se contou co patrocinio do Concello da Estrada. Máis de 700 rapaces e rapazas de todos os coles da Estrada participaron na iniciativa os días 26 e 27 de febreiro de 2016.
Se queres, podes poñer algún comentario nesta entrada, para dicirnos se che gustou ou non...

Neste enlace poderás ler a crónica da primeira sesión: Maimiño 1
(Foto do Faro de Vigo)

E neste outro, o da segunda: Maimiño 2
(Foto do Faro de Vigo)


luns, 18 de xaneiro de 2016

Bases do III Concurso de microrrelato e micropoesía. dinamizaestrada, centros de ensino secundadrio da Estrada.

Xa se presentaron as bases da terceira edición da terceira edición do noso concurso literario. Para todas as idades e para todos os centros da Estrada. Aquí podes consultalas e mesmo descargalas para imprimir. Tamén as podes compartir nas redes sociais.
                                                                

Os premiados e premiadas verán publicados os seus traballos nun libro promovido polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros e editado polo Concello da Estrada. Tamén contaremos coas ilustracións dos peques de Infantil para o mesmo. E no terceiro trimestre, a 3ª Festa das Palabras no Teatro Principal. A ver se resulta tan bonita como as dúas anteriores 


Imaxe da II Festa, en 2015 

Imaxe da I Festa, en 2014