venres, 7 de xuño de 2019

Así foi a VI Festa das palabras. Dinamizaestrada 2019


 O cartel desta edición

O pasado martes, 2 de xuño tivo lugar a sexta edición da Festa das Palabras no Teatro Pricipal da Estrada.
A Festa das Palabras é o remate ao proxecto anual que levan a cabo todos os centros de ensino da Estrada, e que pecha o Concurso de micropoemas e microrrelatos coa entrega de premios aos gañadores, consistente nun libro que recolle todos os traballos e nun caravel branco.

Comezou coa intervención musical de Decotío gaiteiros, que animaron a velada coa súa música tradicional. Os presentadores e presentadoras ( Nerea Reboredo Rivas, Julián Aguiar Rodríguez, María Brey Buján, María Iglesias García) deron paso á fermosa intervención da escritora Ledicia Costas, madriña desta edición da festa.
Pouco a pouco foron entregados os premios das diferentes categorías do concurso, cunha parada musical a cargo de Decotío gaiteiros. Antes de rematar foron convidadas a subir ao escenario, a madriña da festa, a desañadora do cartel, portada do libro, marcapáxinas e diverso material gráfico, Rosa de Cabanas e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla que dirixiu unhas palabras aos asistentes.
A festa rematou con todos os premiados no escenario acompañando a despedida musical do evento.
A Festa esta organizada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA. Os centros participantes son: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
Picando nesta imaxe podes ver máis fotos do evento da man de Kike Vázquez. 


E picando nestoutra, podes ver as fotos tiradas por Xabier Camba.


Este é o video completo da Festa:


A Festa na prensa:



 Na semana anterior, a festa foi presentada no concello da Estrada por parte dos centros organizadores e da Concelleira de Educación, Amalia Goldar.