sábado, 8 de decembro de 2018

En marcha a VI edición do Concurso Literario DINAMIZAESTRADA

Está en marcha a SEXTA edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: LENDA, para os microrrelatos, e SERÁN para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para o 2019 para as Letras Galegas, Antón Fraguas.
Aí tés as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!

domingo, 10 de xuño de 2018

Así foi a V Festa das Palabras. DINAMIZAESTRADA

O teatro principal quedouse pequeno para acoller unha nova edición da Festa das Palabras da Estrada. O pasado 23 de maio unha morea de rapaces, rapazas, profes, familias e público en xeral aplaudiron a cada un e unha das premiadas no concurso desta edición. Foron recibidos cun cartón conmemorativo que levaron para as súas casas.

A festa foi presentada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Despois de recibir aos asistentes, deron paso a unha fermosa intervención da madriña desta edición, a escritora e actriz Paula Carballeira. Premios para 61 rapaces e rapazas que levaron orgullosos o seu libro e un caravel branco. E todo isto envolto coa mellor música de Plan Siberia. Podes gozar da festa completa neste vídeo:





As fotos do evento realizadas por Jano Sanmartín (Moitas grazas!) podes velas picando na imaxe:

https://photos.app.goo.gl/EjeEkz1KTxGPZJ9E9

Tamén podes ver as que fixo Kike Vázque (Graciñas!), picando nestoutra foto:

https://photos.app.goo.gl/BTGwHQ3mnkJudkKJ8


luns, 21 de maio de 2018

Chega a V Festa das Palabras de Dinamizaestrada



 
O pasado martes, 15 de maio,  presentouse no Concello da Estrada a quinta edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.


Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén a madriña desta nova edición, que neste caso será escritora e actriz Paula Carballeira. A parte musical da festa correrá a cargo do grupo estradense Plan Siberia, que actuou recentemente no noso centro.
A data de celebración do evento será o próximo mércores 23 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 61 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de María Victoria Moreno  debían incluír as palabras MAR e FAIADO, respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

Aí queda unha imaxe da presentación no Concello.






A noticia na prensa.

La Voz de Galicia



Faro de Vigo



El Correo Gallego


 

domingo, 1 de abril de 2018

Acta do xurado do V Concurso Literario Dinamizaestrada

Fíxose pública a acta do xurado do V Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.


O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra FAIADO, e os micropoemas a palabra MAR. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 

AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:



A nova foi recollida pola prensa:

 Faro de Vigo


 La Voz de Galicia

luns, 12 de marzo de 2018

Día de Rosalía 2018 no Mome da Estrada.

O pasado 27 de febreiro celebrouse, un ano máis, o Día de Rosalía no Museo da Madeira e o Moble da Estrada, cun recitado de poemas da nosa autora a cargo de alumnado dos centros educativos do concello estradense. No acto tamén se presentou o vídeo promovido polo Concello da Estrada no que se recitan os versos de Adiós ríos, adiós fontes en moitas linguas e lugares diferentes.

Aí quedan as imaxes.
Xosé Lueiro, condutor do envento
Martín, Mariña, Iker, Noa, Cloe, Yaiza e Lucía.
CEIP O Foxo
Noa e Nerea. CEIP Figeiroa
Tania e Mencía. IES Nº 1
Fátima e Roberto: CEIP Cabada Vázquez
Sara, Natalia e Cristian. CEIP Pérez Viondi
Yuri. CEIP de Oca
María, Sofía e Claudia.
Colexio Nosa Señora de Lourdes
Eduardo e María. IES Antón Losada Diéguez
Roi e Manuel. IES Manuel García Barros


Vídeo Adios ríos, adios fontes plurilingüe. Concello da Estrada.

 


Tamén podes ver o vídeo da iniciativa #abrimosafiestra levada a cabo polos IES Manuel García Barros, IES Nº 1 e IES Antón Losada Diéguez o pasado 26 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía

martes, 20 de febreiro de 2018

O V Concurso de microrrelatos e micropoemas na prensa.

Aí quedan as imaxes da prensa escrita de hoxe na que se da conta do Concurso Literario organizado por DINAMIZAESTRADA, Coordinadora de EDL dos centros educativos da Estrada. Recordade que o prazo remata o próximo 2 de marzo.


Faro de Vigo



Enlace á nova en internet: Concurso Dinamizaestrada 2018


La Voz de Galicia


Enlace á nova en internet: Concurso Dinamizaestrada 2018