martes, 26 de maio de 2015

II FESTA DAS PALABRAS NO TEATRO PRINCIPAL.

Chegou o gran día. Hoxe martes 26 de maio, ás 20:30 h, o Teatro Principal da Estrada acollerá a celebración da II Festa das Palabras. Traballando Xuntos.
No mesmo entregaranse os premios aos 60 rapaces e rapazas gañadores nas diversas categorías do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Os dez centros educativos do concello estarán representados en todas as categorías. O premio consistirá no libro en que se recollen os traballos premiados.
Contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey, que será a madriña do acto. A nota musical será posta polo cantautor marinense Samu.
A Festa está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros de Ensino da Estrada.


 Cartel da Festa (Rosa de Cabanas)
Presentación da Festa e do libro. (Foto Cultura, Concello)

Ningún comentario:

Publicar un comentario