luns, 21 de maio de 2018

Chega a V Festa das Palabras de Dinamizaestrada



 
O pasado martes, 15 de maio,  presentouse no Concello da Estrada a quinta edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.


Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén a madriña desta nova edición, que neste caso será escritora e actriz Paula Carballeira. A parte musical da festa correrá a cargo do grupo estradense Plan Siberia, que actuou recentemente no noso centro.
A data de celebración do evento será o próximo mércores 23 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 61 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de María Victoria Moreno  debían incluír as palabras MAR e FAIADO, respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

Aí queda unha imaxe da presentación no Concello.






A noticia na prensa.

La Voz de Galicia



Faro de Vigo



El Correo Gallego


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario