martes, 26 de marzo de 2019

Fallo do concurso literario dinamizaestrada 2019

Fíxose pública a acta do xurado do VI Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

O xurado do certame reunido no CEIP Pérez Viondi

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra LENDA, e os micropoemas a palabra SERÁN. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Antón Fraguas.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a pincipios de xuño, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.


 AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:




A NOTICIA NA PRENSA


 Voz de Galicia





Faro de Vigo 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario