martes, 15 de decembro de 2020

VII FESTA DAS PALABRAS. ENTREGA SIMBÓLICA DE PREMIOS NO PRINCIPAL

 Dadas as especiais circunstancias que vivimos por causa da pandemia da Covid 19 este ano vímonos na obriga de cancelar a Festa das Palabras organizada por Dinamizaestrada que se celebraba habitualmente no mes de maio, ao final de cada curso.

Aínda así, non queremos deixar de facer visible o gran traballo realizado polo alumnado e profesorado dos centros educativos estradenses no curso pasado, que se  concretou un ano máis na edición dun libro cos textos gañadores do VII Concurso de microrrelatos e micropoemas, que este ano tiñan como palabras referentes, AMIGO e CABELO respectivamente, ambas tomadas de títulos da obra do autor homenaxeado  nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero.

Polo tanto realizaremos unha  ENTREGA SIMBÓLICA DE PREMIOS DO VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS na que tamén será presentado o libro realizado este ano, edición para á que contamos coa xenerosa colaboración do Excmo. Concello da Estrada.

Día: martes 15 de novembro

Lugar: Teatro Principal da Estrada

Hora: Inicio 19:00, remate 19:30

O acto non está aberto ao público en xeral e só participará un docente e un alumno/a en representación de cada centro, ademais dunha representación do colectivo organizador, Dinamizaestrada, e tamén do Concello da Estrada.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario