venres, 10 de abril de 2026

FALLO DO XURADO DO XIII CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 2026


Faise pública a acta do xurado do XIII Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. 

A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Avelina Valladares, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra AZUL, e os micropoemas a palabra NOITE. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras citadas foron escollidas polo conxunto dos centros educativos da Estrada, e tiñan que ver cos títulos das obras escritas por Begoña Caamaño a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.
 
Tamén se escolleron os deseños  realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas. 
 
Abaixo podes consultar e descargar a acta do xurado cos gañadores e gañadoras:
 
 

Acta Xurado Dinamizaestrada 2026 by elogolosada 

 

Noticia no Faro de Vigo

Noticia na Voz de Galicia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario