sábado, 30 de maio de 2026

ASÍ FOI A XIII FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA


O pasado 27 de maio tivo lugar a décimo terceira edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.

Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.

O acto estivo conducido por  Nora Diéguez e Artai Fernández do IES Avelina Valladares  e contou co magnífico acompañamento musical Gloria Pavía e Rafa Morales

O padriño desta edición,  Xosé Lueiro Lemos dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas e público asistente que encheu o Teatro Principal.

En representación do Concello da Estrada,Amalia Goldar, concelleira de educación. dirixiu aos presentes e premiados/as  unhas palabras de loubanza do seu traballo.

O colectivo DINAMIZAESTRADA aproveitou para homenaxear a unha das súas fundadoras, a profe do CEIP Pérez Viondi, María Tato Carbajales. 

Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:


 E o vídeo completo da XIII Festa das Palabras 2026 DINAMIZAESTRADA:

Ningún comentario:

Publicar un comentario