O pasado 22 de MAIOtivo lugar a undécimna edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense.
Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.
O acto estivo conducido por Lía Vázquez e Mateo Lois, do IES Manuel García Barros e contou co magnífico acompañamento musical do Lucía Azurmendi Grupo.
O padriño desta edición, o estradense Carlos Louriero dedicou unhas fermosas
palabras a todos e todas as premiadas, así como ao público asistente.
En representación do Concello da Estrada, Lucía Seoane, concelleira de cultura. dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.
Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:
Tamén podes gozar co vídeo completo da festa: