venres, 26 de febreiro de 2016

Os centros educativos da Estrada no Día de Rosalía no Mome

Todos os centros educativos da Estrada participaron, un ano máis, no Día de Rosalía, que o concello da Estrada organiza no MOME. O pasado 24 de marzo unha morea de rapaces e rapazas deron lectura a unha boa mostra da poesía rosaliana. O acto foi conducido por Xosé Lueiro e foi rematado musicalmente polo trío Cantar a mares, que fixo unha estupenda interpretación de varias cancións con letras rosalianas.
Aí quedan as imaxes
 CEIP Plurilingüe de Oca. Yoel Iglesias Otero, Diego  Iglesias Otero

 CEIP Pérez Viondi. Iria Sierra Silva, Abel Rodríguez González

 CEIP Figueiroa. Julián Rosende Domínguez, Kenia Souto Ríos

 CEIP O Foxo. Dolores Porto Arca, Uxía Chamosa Gañete

 CEIP Villar Paramá. Brais Tato Mejuto, Alicia Chenlo Souto

 CEIP Cabada Vázquez. Saínza Vidueiros, Ana Docampo

 IES Antón Losada Diéguez. Verónica Vázquez, Uxía Rodríguez,
Damian Campos, María Troitiño

 CPR Plurilingüe Nosa Sra de Lourdes. Manuel Pérez, Andrea Campos

 IES número un. Andrea Montero, Xose Manuel Lema

 IES García Barros. Taida Sánchez Rego, Mario Picáns Rey
 Cantar a mares


martes, 9 de febreiro de 2016

Así foi a Homenaxe a Balbino no Teatro Principal da Estrada

O pasado 29 de xaneiro, ducias de rapaces e rapazas dos centros educativos da Estrada e de Forcarei, participaron na lectura pública de Memorias dun neno labrego, a novela senlleira do recentemente finado Xosé Neira Vilas. A actividade estaba organizada pola AC Vagalumes e tivo unha moi boa resposta de público. Achegamos o video co inicio da lectura da obra.


venres, 29 de xaneiro de 2016

Homenaxe a Balbino no Teatro Principal da Estrada

Hoxe venres, a partir das 7 da tarde, terá lugar a lectura colectiva e ininterrompida de Memorias dun neno labrego, a obra máis recoñecida do escritor Xosé Neira Vilas, falecido recentemente. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes coa colaboración dos Centros Educativos da Comarca.


Parte do alumnado e profesorado do CEIP Pérez Viondi tamén participou na lectura do capítulo "O Rebusque". Aquí van algunhas fotos:



xoves, 28 de xaneiro de 2016

Maimiño no Teatro Principal da Estrada

As iniciativas de dinamizaestrada comezan a visibilizarse na prensa diaria. A seguir recóllense a actividade organizada polos Colexios de Primaria, que consistiu na proxección do filme Maimiño no Teatro Principal da Estrada, para o que se contou co patrocinio do Concello da Estrada. Máis de 700 rapaces e rapazas de todos os coles da Estrada participaron na iniciativa os días 26 e 27 de febreiro de 2016.
Se queres, podes poñer algún comentario nesta entrada, para dicirnos se che gustou ou non...

Neste enlace poderás ler a crónica da primeira sesión: Maimiño 1
(Foto do Faro de Vigo)

E neste outro, o da segunda: Maimiño 2
(Foto do Faro de Vigo)


luns, 18 de xaneiro de 2016

Bases do III Concurso de microrrelato e micropoesía. dinamizaestrada, centros de ensino secundadrio da Estrada.

Xa se presentaron as bases da terceira edición da terceira edición do noso concurso literario. Para todas as idades e para todos os centros da Estrada. Aquí podes consultalas e mesmo descargalas para imprimir. Tamén as podes compartir nas redes sociais.
                                                                

Os premiados e premiadas verán publicados os seus traballos nun libro promovido polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros e editado polo Concello da Estrada. Tamén contaremos coas ilustracións dos peques de Infantil para o mesmo. E no terceiro trimestre, a 3ª Festa das Palabras no Teatro Principal. A ver se resulta tan bonita como as dúas anteriores 


Imaxe da II Festa, en 2015 

Imaxe da I Festa, en 2014

martes, 26 de maio de 2015

II FESTA DAS PALABRAS NO TEATRO PRINCIPAL.

Chegou o gran día. Hoxe martes 26 de maio, ás 20:30 h, o Teatro Principal da Estrada acollerá a celebración da II Festa das Palabras. Traballando Xuntos.
No mesmo entregaranse os premios aos 60 rapaces e rapazas gañadores nas diversas categorías do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Os dez centros educativos do concello estarán representados en todas as categorías. O premio consistirá no libro en que se recollen os traballos premiados.
Contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey, que será a madriña do acto. A nota musical será posta polo cantautor marinense Samu.
A Festa está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros de Ensino da Estrada.


 Cartel da Festa (Rosa de Cabanas)
Presentación da Festa e do libro. (Foto Cultura, Concello)

martes, 24 de marzo de 2015

Premios do II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos da Estrada.

Aquí queda a acta do xurado desta segunda edición do certame:



 A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso pasado e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta edición escolléronse palabras relacionadas coa nosa contorna, o concello estradense, e foron: souto, para as creacións poéticas e estrada para os relatos. Estas verbas foron escollidas por votación entre todos os centros no transcurso do 1º trimestre.


Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio ou primeiros de xuño, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.


A actividade está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros educativos estradenses arriba citados.
Imaxe das deliberacións do xurado



 EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA