Hoxe venres, a partir das 7 da tarde, terá lugar a lectura colectiva e ininterrompida de Memorias dun neno labrego, a obra máis recoñecida do escritor Xosé Neira Vilas, falecido recentemente. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes coa colaboración dos Centros Educativos da Comarca.
Parte do alumnado e profesorado do CEIP Pérez Viondi tamén participou na lectura do capítulo "O Rebusque". Aquí van algunhas fotos:
venres, 29 de xaneiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Maimiño no Teatro Principal da Estrada
As iniciativas de dinamizaestrada comezan a visibilizarse na prensa diaria. A seguir recóllense a actividade organizada polos Colexios de Primaria, que consistiu na proxección do filme Maimiño no Teatro Principal da Estrada, para o que se contou co patrocinio do Concello da Estrada. Máis de 700 rapaces e rapazas de todos os coles da Estrada participaron na iniciativa os días 26 e 27 de febreiro de 2016.
Se queres, podes poñer algún comentario nesta entrada, para dicirnos se che gustou ou non...
Se queres, podes poñer algún comentario nesta entrada, para dicirnos se che gustou ou non...
Neste enlace poderás ler a crónica da primeira sesión: Maimiño 1
(Foto do Faro de Vigo)
E neste outro, o da segunda: Maimiño 2
(Foto do Faro de Vigo)
luns, 18 de xaneiro de 2016
Bases do III Concurso de microrrelato e micropoesía. dinamizaestrada, centros de ensino secundadrio da Estrada.
Xa se presentaron as bases da terceira edición da terceira edición do noso concurso literario. Para todas as idades e para todos os centros da Estrada.
Aquí podes consultalas e mesmo descargalas para imprimir. Tamén as podes compartir nas redes sociais.
Os premiados e premiadas verán publicados os seus traballos nun libro
promovido polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros e
editado polo Concello da Estrada.
Tamén contaremos coas ilustracións dos peques de Infantil para o mesmo. E
no terceiro trimestre, a 3ª Festa das Palabras no Teatro Principal. A
ver se resulta tan bonita como as dúas anteriores
Imaxe da II Festa, en 2015
Imaxe da I Festa, en 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)