Por segundo ano consecutivo os Equipos de dinamización lingüística, DINAMIZAESTRADA, participaron activamente no proxecto DINAMIZA TV, promovido polo Concello da Estrada. Nesta ocasión presentaron un noticieiro cun guión común, que resultou moi atractivo e dinámico. Parabéns!
O pasado 6 de xuño tivo lugar a décima edición da Festa das palabras
no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por
DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro
estradense.
Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.
O
acto estivo conducido por Iria Cancela Fontao e Pablo García Villamor, do IES Nº 1 e contou co magnífico acompañamento musical do grupo Proxecto Valladares que estudan e difunden a música dos irmáns Marcial e Avelina Valladares.
A madriña desta edición, a escritora Charo Golmar dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas, así como ao público asistente.
En representación do Concello da Estrada, Juan Constenla, concelleiro de cultura. dirixiu aos presentes unhas
palabras de loubanza do seu traballo.
Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:
Tamén podes gozar co vídeo completo da festa:
A festa foi recollida amplamente nos medios de comunicación locais: