Faise pública a acta do xurado do X Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da
Estrada.
A reunión do mesmo tivo lugar no
CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos
de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP
Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe
N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de
Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón
Losada Diéguez.
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra CAMIÑO, e os micropoemas a palabra ESPELLO. O proceso de elección das palabras tivo
lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o
alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de
todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos
títulos das obras do autor a quen se dedica este ano o Día das Letras
Galegas, Francisco Fernández del Riego.
Unha vez ecollidas as palabras e publicadas as bases certame, procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis,
coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de Educación
Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos
textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
A ACTA PODE CONSULTARSE E DESCARGARSE AQUÍ:
A nova foi recollida nás páxinas dos xornais:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia