Fíxose pública a acta do xurado
do V Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da
Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez
Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de
Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar
Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra.
de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa,
IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca
a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
FAIADO,
e os micropoemas a palabra MAR. O proceso de elección tivo lugar no
primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o
profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros.
As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da
autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria
Moreno.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do
Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de
Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do
libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:
A nova foi recollida pola prensa:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia