luns, 6 de decembro de 2021

Bases do IX concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2021-2022

Un ano máis, e outro ano especial máis, non decaemos. Está en marcha a novena edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada.

Este ano as palabras escollidas foron: LOITA, para os microrrelatos, e INFINDA para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2021, Florecio Delgado Gurriarán

Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!


VIII Festa das Palabras. Dinamizaestrada. Entrega de premios.

Recordamos a entrega de premios da oitava edición da festa das palabras que tivo lugar o pasado 1 de xuño.Tivo lugar nun Teatro Principal da Estrada sen público pero no que todos os centros estiveron presentes. 

No acto, o profesor coordinador EDLG do CEIP Cabada Vázquez, Toño Barros, fixo unha fermosa presentación na que agradeceu a todos e a todas os que fixeron posible este ano tan difícil a realización desta actividade por sétimo ano consecutivo e na que foi repasando a xeografía estradense ao convocar aos diferentes representantes dos centros educativosque recibiron un libro e un diploma en nome de todos e todas as premiadas. 

O padriño desta edición foi o profesor e escritor estradense, Xosé Luna, que subiu ao escenario para facer un eloxio das nosas letras e da nosa lingua.

O concelleiro de cultura, Juan Constenla, fixo o peche do acto cun breve discurso no que gabou o esforzo e a calidade dos traballos premiados.

Para rematar, todos os participantes fixeron unha foto de familia enriba do escenario.

A pesar da pandemia, celebramos con emoción e intensidade unha edición máis da Festa das palabras.

Posdes ver as mellores imaxes do acto picando na seguinte foto (autor: Kike Vázquez):

 
 
A seguir tes o video completo do evento: