venres, 24 de marzo de 2017

O IV concurso de Dinamizaestrada na prensa

No día de hoxe os medios escritos recolleron a nova do fallo do xurado do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros educativos da Estrada

La Voz de Galicia


Podes consultar a nova na edición dixital AQUÍ

Faro de Vigo

Podes consultar a nova na edición dixital AQUÍ

luns, 20 de marzo de 2017

Publicamos a actas xurado do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes, 7  de marzo, no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.


Imaxe do xurado no CEIP Pérez Viondi.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra VERÁN, e os micropoemas a palabra VENTO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

A continuación deixamos a acta do xurado, que podes consultar, descargar, imprimir...