Despois de dous cursos cunha celebración restrinxida e unha entrega simbólica dos premios dos concursos literarios, volve a Festa das palabras na súa plenitude. No teatro principal da estrada o próximo mércores 25 de maio ás 20:30 horas.
A novena edición da festa foi presentada no Concello da Estrada nun acto no que participaron representantes dos centros educativos da Estrada, agrupados no colectivo DINAMIZAESTRADA. En nome deles, Toño Barros, coordinador do EDLG do CEIP Cabada Vázquez achegou os detalles da festa e María Tato, do CEIP Pérez Viondi expresou os obxectivos da actividade, O acto tivo como anfitrión ao concelleiro de cultura, Juan Constenla, que gabou o traballo dinamizador dos centros educativos a través desta actividade.
Rosalía Morlán, escritora santiaguesa será a madriña desta novena edición da festa, e dirixirase aos rapaces e rapazas e público asistente o próximo mércores.
O grupo de música pop contemporánea, Favorita, porá a nota musical ao evento que será presentado por Cristian Rivadabia Iglesias e Inés López Pose, alumnos/as do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
No acto entregaranse os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nas diferentes categorías, que consistirá nun caravel branco e nun exemplar do libro editado cos traballos vencedores. O deseño da portada e da cartelería da festa foi realizado pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
A presentación na prensa: