Está en marcha a sétima edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: AMIGO, para os microrrelatos, e CABELO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2020, Ricardo Carvalho Calero.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
O pasado martes, 2 de xuño tivo lugar a sexta edición da Festa das Palabras no Teatro Pricipal da Estrada.
A Festa das Palabras é o remate ao proxecto anual que levan a cabo todos
os centros de ensino da Estrada, e que pecha o Concurso de micropoemas e microrrelatos coa entrega de premios aos gañadores, consistente nun libro que recolle todos os traballos e nun caravel branco. Comezou coa intervención musical de Decotío gaiteiros, que animaron a velada coa súa música tradicional. Os presentadores e presentadoras ( Nerea Reboredo Rivas, Julián Aguiar Rodríguez, María Brey Buján, María Iglesias García) deron paso á fermosa intervención da escritora Ledicia Costas, madriña desta edición da festa. Pouco a pouco foron entregados os premios das diferentes categorías do concurso, cunha parada musical a cargo de Decotío gaiteiros. Antes de rematar foron convidadas a subir ao escenario, a madriña da festa, a desañadora do cartel, portada do libro, marcapáxinas e diverso material gráfico, Rosa de Cabanas e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla que dirixiu unhas palabras aos asistentes. A festa rematou con todos os premiados no escenario acompañando a despedida musical do evento. A Festa esta organizada polos Equipos
de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da Estrada,
DINAMIZAESTRADA. Os centros participantes son: CEIP Villar Paramá, CEIP
Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes,
CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES
Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Picando nesta imaxe podes ver máis fotos do evento da man de Kike Vázquez.
E picando nestoutra, podes ver as fotos tiradas por Xabier Camba.
Este é o video completo da Festa:
A Festa na prensa:
Na semana anterior, a festa foi presentada no concello da Estrada por parte dos centros organizadores e da Concelleira de Educación, Amalia Goldar.
Fíxose pública a acta do xurado do VI Concurso
de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A
reunión do mesmo tivo lugar no
CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de
Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar
Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra.
de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa,
IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada
Diéguez.
O xurado do certame reunido no CEIP Pérez Viondi
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
LENDA, e os micropoemas a palabra SERÁN. O proceso de elección tivo
lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o
alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de
todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos
títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras
Galegas, Antón Fraguas.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a pincipios de xuño, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores, na FESTA DAS PALABRAS. Para isto contarase, unha vez máis,
coa colaboración do Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de Educación
Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos
textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:
Está
en marcha a SEXTA edición do Concurso de microrelatos e micropoemas
organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos
Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: LENDA, para os microrrelatos, e SERÁN para os micropoemas, en homenaxe
aos
títulos do autor escollido para o 2019 para as Letras Galegas, Antón Fraguas. Aí tés as bases do certame.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!
O teatro principal quedouse pequeno para acoller unha nova edición da Festa das Palabras da Estrada. O pasado 23 de maio unha morea de rapaces, rapazas, profes, familias e público en xeral aplaudiron a cada un e unha das premiadas no concurso desta edición. Foron recibidos cun cartón conmemorativo que levaron para as súas casas.
A festa foi presentada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Despois de recibir aos asistentes, deron paso a unha fermosa intervención da madriña desta edición, a escritora e actriz Paula Carballeira. Premios para 61 rapaces e rapazas que levaron orgullosos o seu libro e un caravel branco. E todo isto envolto coa mellor música de Plan Siberia. Podes gozar da festa completa neste vídeo:
As fotos do evento realizadas por Jano Sanmartín (Moitas grazas!) podes velas picando na imaxe:
Tamén podes ver as que fixo Kike Vázque (Graciñas!), picando nestoutra foto:
O
pasado martes, 15 de maio, presentouse no Concello da Estrada a quinta edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización
Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello.
No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e
o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.
Desctacouse
a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a
comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de
xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.
Deuse
a coñecer tamén a madriña desta nova edición, que neste caso será
escritora e actriz Paula Carballeira. A parte musical da festa correrá a
cargo do grupo estradense Plan Siberia, que actuou recentemente no noso
centro.A
data de celebración do evento será o próximo mércores 23 de maio, ás 20:30
no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios
aos 61 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do IV Concurso de
micropoemas e microrrelatos, que neste ano de María Victoria Moreno debían
incluír as palabras MAR e FAIADO, respectivamente.
Tamén
se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa
portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa
de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas
polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Aí queda unha imaxe da presentación no Concello.
Fíxose pública a acta do xurado
do V Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da
Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar a pasada semana no CEIP Pérez
Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de
Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar
Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra.
de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa,
IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.
O
certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que
convoca
a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e
microrrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra
FAIADO,
e os micropoemas a palabra MAR. O proceso de elección tivo lugar no
primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o
profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros.
As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da
autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria
Moreno.
Neste
segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do
concurso, mentres que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá
lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos
gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do
Concello da Estrada.
Tamén
se escolleron os deseños realizados polo alumnado de
Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do
libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.
AQUÍ PODES CONSULTAR, DESCARGAR OU IMPRIMIR A ACTA:
O pasado 27 de febreiro celebrouse, un ano máis, o Día de Rosalía no Museo da Madeira e o Moble da Estrada, cun recitado de poemas da nosa autora a cargo de alumnado dos centros educativos do concello estradense. No acto tamén se presentou o vídeo promovido polo Concello da Estrada no que se recitan os versos de Adiós ríos, adiós fontes en moitas linguas e lugares diferentes.
Aí quedan as imaxes.
Xosé Lueiro, condutor do envento
Martín, Mariña, Iker, Noa, Cloe, Yaiza e Lucía.
CEIP O Foxo
Noa e Nerea. CEIP Figeiroa
Tania e Mencía. IES Nº 1
Fátima e Roberto: CEIP Cabada Vázquez
Sara, Natalia e Cristian. CEIP Pérez Viondi
Yuri. CEIP de Oca
María, Sofía e Claudia.
Colexio Nosa Señora de Lourdes
Eduardo e María. IES Antón Losada Diéguez
Roi e Manuel. IES Manuel García Barros
Vídeo Adios ríos, adios fontes plurilingüe. Concello da Estrada.
Tamén podes ver o vídeo da iniciativa #abrimosafiestra levada a cabo polos IES Manuel García Barros, IES Nº 1 e IES Antón Losada Diéguez o pasado 26 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía
Aí quedan as imaxes da prensa escrita de hoxe na que se da conta do Concurso Literario organizado por DINAMIZAESTRADA, Coordinadora de EDL dos centros educativos da Estrada. Recordade que o prazo remata o próximo 2 de marzo.
Está
en marcha a quinta edición do Concurso de microrelatos e micropoemas
organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos
Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: FAIADO, para os microrrelatos, e MAR para os micropoemas, en homenaxe aos
títulos da autor escollida para o 2018 para as Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!