Imaxe do xurado no CEIP Pérez Viondi.
O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra VERÁN, e os micropoemas a palabra VENTO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.A continuación deixamos a acta do xurado, que podes consultar, descargar, imprimir...
Acta Do Xurado Do IV Concurso de Micropoemas e Microrrelatos Dinamizaestrada by elogolosada on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario