luns, 6 de decembro de 2021

VIII Festa das Palabras. Dinamizaestrada. Entrega de premios.

Recordamos a entrega de premios da oitava edición da festa das palabras que tivo lugar o pasado 1 de xuño.Tivo lugar nun Teatro Principal da Estrada sen público pero no que todos os centros estiveron presentes. 

No acto, o profesor coordinador EDLG do CEIP Cabada Vázquez, Toño Barros, fixo unha fermosa presentación na que agradeceu a todos e a todas os que fixeron posible este ano tan difícil a realización desta actividade por sétimo ano consecutivo e na que foi repasando a xeografía estradense ao convocar aos diferentes representantes dos centros educativosque recibiron un libro e un diploma en nome de todos e todas as premiadas. 

O padriño desta edición foi o profesor e escritor estradense, Xosé Luna, que subiu ao escenario para facer un eloxio das nosas letras e da nosa lingua.

O concelleiro de cultura, Juan Constenla, fixo o peche do acto cun breve discurso no que gabou o esforzo e a calidade dos traballos premiados.

Para rematar, todos os participantes fixeron unha foto de familia enriba do escenario.

A pesar da pandemia, celebramos con emoción e intensidade unha edición máis da Festa das palabras.

Posdes ver as mellores imaxes do acto picando na seguinte foto (autor: Kike Vázquez):

 
 
A seguir tes o video completo do evento:

Ningún comentario:

Publicar un comentario