Dadas as especiais circunstancias que vivimos por
causa da pandemia da Covid 19 este ano vímonos na obriga de cancelar a Festa
das Palabras organizada por Dinamizaestrada que se celebraba habitualmente no
mes de maio, ao final de cada curso.
Aínda así, non queremos deixar de facer visible o gran
traballo realizado polo alumnado e profesorado dos centros educativos
estradenses no curso pasado, que se
concretou un ano máis na edición dun libro cos textos gañadores do VII
Concurso de microrrelatos e micropoemas, que este ano tiñan como palabras
referentes, AMIGO e CABELO respectivamente, ambas tomadas de títulos da obra
do autor homenaxeado nas Letras Galegas
2020, Ricardo Carvalho Calero.
Polo tanto realizaremos unha ENTREGA SIMBÓLICA DE PREMIOS DO VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS
na que tamén será presentado o libro realizado este ano,
edición para á que contamos coa xenerosa colaboración do Excmo. Concello da
Estrada.
Día: martes 15 de novembro
Lugar: Teatro Principal da Estrada
Hora: Inicio 19:00, remate 19:30
O acto non está aberto ao público en xeral e só
participará un docente e un alumno/a en representación de cada centro, ademais
dunha representación do colectivo organizador, Dinamizaestrada, e tamén do
Concello da Estrada.