A presentación na prensa:
martes, 21 de maio de 2024
CHEGA A XI FESTA DAS PALABRAS _DINAMIZAESTRADA 2024
luns, 11 de marzo de 2024
ACTA DO XURADO DO XI CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA 24
A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra MÚSICA, e os micropoemas a palabra SILENCIO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da autoar a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
domingo, 26 de novembro de 2023
BASES DO XI CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DINAMIZAESTRADA
Un ano máis poñemos en marcha o Concurso de microrelatos e micropoemas organizado por
DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros
Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 11 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.
Este
ano as palabras escollidas foron: MÚSICA, para os microrrelatos, e
SILENCIO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2024, Luísa Villalta.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
venres, 28 de xullo de 2023
DINAMIZA TV 2023
Por segundo ano consecutivo os Equipos de dinamización lingüística, DINAMIZAESTRADA, participaron activamente no proxecto DINAMIZA TV, promovido polo Concello da Estrada. Nesta ocasión presentaron un noticieiro cun guión común, que resultou moi atractivo e dinámico. Parabéns!
Podes ver todos os videos picando AQUÍ
mércores, 26 de xullo de 2023
CRÓNICA DA X FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2023
Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.
O acto estivo conducido por Iria Cancela Fontao e Pablo García Villamor, do IES Nº 1 e contou co magnífico acompañamento musical do grupo Proxecto Valladares que estudan e difunden a música dos irmáns Marcial e Avelina Valladares.
A madriña desta edición, a escritora Charo Golmar dedicou unhas fermosas palabras a todos e todas as premiadas, así como ao público asistente.
En representación do Concello da Estrada, Juan Constenla, concelleiro de cultura. dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.
Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:
Tamén podes gozar co vídeo completo da festa:
A festa foi recollida amplamente nos medios de comunicación locais:
sábado, 3 de xuño de 2023
PRESÉNTASE A X EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA
A presentación na prensa:
luns, 13 de marzo de 2023
ACTA DO XURADO DO CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS. DINAMIZAESTRADA 2023
Faise pública a acta do xurado do X Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada.
A reunión do mesmo tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra CAMIÑO, e os micropoemas a palabra ESPELLO. O proceso de elección das palabras tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.
A nova foi recollida nás páxinas dos xornais:
luns, 14 de novembro de 2022
BASES DO X CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS. DINAMIZAESTRADA 2022-2023
Un ano máis poñemos en marcha o Concurso de microrelatos e micropoemas organizado por
DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros
Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 10 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.
Este ano as palabras escollidas foron: CAMIÑO, para os microrrelatos, e ESPELLO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2023, Francisco Fernández del Riego.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
xoves, 2 de xuño de 2022
ASÍ FOI A IX FESTA DAS PALABRAS
O pasado 25 de maio tivo lugar a novena edición da Festa das palabras no Teatro Principal da Estrada. O evento, organizado por DINAMIZAESTRADA, logrou encher de público o patio de butacas do teatro estradense, despois de dúas edicións limitadas pola pandemia.
Os máis de 60 premiados e premiadas recolleron o seu correspondente exemplar do libro editado cos traballos gañadores.
O acto estivo conducido por Cristian Rivadabia e Inés López, do IES Losada Diéguez e contou co magnífico acompañamento musical do grupo cuntiense FAVORITA.
En representación do Concello da Estrada, Amalia Goldar, concelleira de Educación dirixiu aos presentes unhas palabras de loubanza do seu traballo.
Premendo na imaxe poderás ver máis fotografías do acto:
luns, 23 de maio de 2022
DINAMIZAESTRADA PARTICIPA ACTIVAMENTE NO PROXECTO DINAMIZATV
Os Equipos de dinamización da lingua galega, DINAMIZAESTRADA, de todos os centros educativos da Estrada participan activamente no proxecto que este curso botou a andar o Concello da Estrada.
DINAMIZATV xurdiu co obxectivo de promover o uso do galego entre entre a xente xove dos nosos centros, apostando decididamente polo eido audiovisual, coa creación dun
NOTICIEIRO en cada un dos centros escolares no que tiveron cabida os
vídeos creados polos propios alumnos e ao que se deu forma final cunha
gravación no Teatro Principal estradense, e posterior edición e montaxe a cargo de Lucas Terceiro. Achegamos un par de imaxes destas gravacións:
Os Equipos de dinamización estradenses sumáronse á iniciativa dende o primeiro momento e despois de meses de traballo están a ser presentados os resultados desta iniciativa.
Xa foron emitidos os espazos correspondentes ao IES García Barros e ao CEIP Plurilingüe de Oca. Nas seguintes datas iranse estreando as producións do resto dos centros: 25, 27 e 30 de maio e 1, 3, 6, 8 e 10 de xuño.
Todos eles poden e poderán verse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3Ltl6Bu
A actividade tivo unha excelente acollida na prensa escrita:




.jpeg)



.jpg)
.jpg)







.jpg)
